EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

Co obxectivo de coñecer e distinguir as embarcacións tradicionais, o alumnado de 5º e 6º de Primaria viaxou ao Grove, onde desenvolveu unha Unidade Didáctica.
22/04/2007 13:52
Comentarios » Ir a formulario
Autor: Mari e Manolo (mestres)
Dende o punto de vista pedagóxico, a actividade foi moi interesante; e, dende o p.v. didáctico, perfectamente desenvolvida por Fran. ¡Ánimo!,hai que seguir realizando este tipo de proxectos.
Fecha: 22/04/2007 14:06.
Autor: Marta(5º)
Gustoume moito a saída ao Grove.Indo ao mar ,paseino moi ben vendo as dornas e demais embarcacións . Fomos a un asteleiro e vimos como era unha embarcación sen rematar. Foi estupendo.
Fecha: 27/04/2007 12:48.
Autor: Belen (5º)
A min gustoume moito porque aprendín algo das embarcacións tradicionais,e tamén,porque Fran o monitor era moi divertido.Gustoume o xogo de a,b,c,d.
Fecha: 27/04/2007 12:50.
Autor: Isabel (5º)
A min gustoume moito a saída. Tivemos que descubrir cal era a dorna que nos dixera Fran .E tamén fixemos un exame sobre as dornas, gamelas e chalanas.Foi moi bonito.
Fecha: 27/04/2007 12:52.
