Generador LED para MySpace - Joombly

Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2007.

11/10/2007

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA 2007

Un ano máis o alumnado do 3º Ciclo fixo un percorrido polas diferentes salas do Museo. O alumnado de 5º realizou unha Unidade Didáctica, mentres que o  de 6º traballou dun xeito  específico sobre a pintura dos séculos XV ao XVIII.

11/10/2007 13:21 Autor: vinhagrande-deiro. Enlace permanente. Hay 4 comentarios.

21/10/2007

UN OURIZO XIGANTE NA AULA DE 4º

20071021180821-dsc00323-2.jpg

 O avó de Manuel Paz Nine, Modesto, atopou este " fenómeno" da natureza no lugar de Alende de Arriba(Moraña); a nai de Manuel, Yolanda, foi quen quixo que o  trouxera á escola para o ver, e Manuel fíxonolo chegar. Decidimos faceros partícipes disto, xa que nos pareceu algo impresionante.

21/10/2007 17:57 Autor: vinhagrande-deiro. Enlace permanente. Hay 4 comentarios.

23/10/2007

NOVAS DA BIBLIOTECA

20071023170222-libros2.jpg

A nosa biblioteca precisa dun cambio de imaxe: facer un expurgo dos libros que non son axeitados, limpar, ordenar os andeis... en fin, un lavado de cara.

O equipo encargado da mesma decidiu, coincidindo co DIA DAS BIBLIOTECAS, comezar coas obras; o que conleva que, durante ese tempo, só será permitida a entrada con casco.

                                          Lembrade:

"UNHA BIBLIOTECA É MOITO MÁIS CA UN ESPAZO FÍSICO"

Se tedes algunha dúbida, podedes consultala co profe Antonio.

23/10/2007 16:50 Autor: vinhagrande-deiro. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]