Blogia
VINHAGRANDE-DEIRO

Saída ao Grove do 3º Ciclo

Saída ao Grove do 3º Ciclo

Hoxe, mércores, día 24 de Maio o alumnado de 5º e 6º de primaria, acompañados por tres mestres/as, realizaron unha saída cultural para visitar a Lonxa do Grove e coñece-los " Sistemas de comercialización do peixe e do marisco ".

8 comentarios

Andrea L, Andrea O, Cristina, Laura -

Gustounos, pero estaban un pouco desorganizados os grupos que fixeron.
Tamén aprendemos cousas relacionadas co mar.
En xeral, gustounos a saida.

Cristian.G e Eloy -

A nós gustounos moito.Pareceunos ben,xa que aprendemos cousas sobre o mar.

TOLE CARLOS JAVI -

Estivo bastante ben,aínda que houbo cousas que nos aburrían un pouco, foi divertido.

Noelia,Laura,Miriam,Fran,Martín. -

Na saída á lonxa aprendimos moitas cousas interesantes, entre elas: a comercialización dos peixes e do marisco; os diferentes tipos de poxas e tamén as tallas mínimas que hai que ter en conta para capturar diversas especies... Por todo esto, pareceunos un bo reforzo para as clases de cada día .

Iván,Antía,Alba,Sergio e Alex. -

A saída ao Grove foi moi divertida,o monitor que nos atendeu chamábase Fran;contounos como era a poxa e o que facían os mariñeiros ao chegar ao porto.Aprendimos moito nesta saída.

Rubén, Tais, Tatiana. -

A viaxe á lonxa foi moi entretida; aprendimos moitas cousas. A forma de atracción de algúns peixes, a subasta...
¡Ah! tamén a comercialización.
Gustounos moito.

José María -

A fotografía é fantástica.E Toledano, coma sempre, máis pendente da cámara que do que lle están a dicir.

Mari -

Resultou unha actividade moi entretida e interesante para @s alumn@s. Unha U.D. desenvolvida perfectamente por Fran.