Generador LED para MySpace - Joombly

26/02/2008

CHAVETA

20080226165228-img022.jpg

UN BO DÍA, SABENDO QUE ESTABAMOS A REFORMAR A BIBLIOTECA, APARECEU CHAVETA AXEXANDO POLO OLLO DA FECHADURA. GUSTÁNDOLLE O QUE POR ALÍ VIU, DECIDIU QUEDARSE PARA BOTAR UNHA MAN NO QUE FOSE NECESARIO.

26/02/2008 16:52 Autor: vinhagrande-deiro. Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

25/02/2008

NOVA IMPORTANTE

20080225202113-20070602213429-sculpture12-1-.jpg

No día de hoxe a nosa biblioteca comezou a se encher de cores...xa falta menos para que os libros ocupen de novo os seus lugares e deixen de estar tan apretadiños.....

25/02/2008 20:21 Autor: vinhagrande-deiro. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

02/12/2007

ANIMAIS

20071202204747-peixesblog.jpg

Se queres pasar un bo rato e saber máis sobre animais, fai click na páxina que aparece baixo este texto.

http://kids.nationalgeographic.com/

Etiquetas:

02/12/2007 20:53 Autor: vinhagrande-deiro. Enlace permanente. Hay 1 comentario.

23/10/2007

NOVAS DA BIBLIOTECA

20071023170222-libros2.jpg

A nosa biblioteca precisa dun cambio de imaxe: facer un expurgo dos libros que non son axeitados, limpar, ordenar os andeis... en fin, un lavado de cara.

O equipo encargado da mesma decidiu, coincidindo co DIA DAS BIBLIOTECAS, comezar coas obras; o que conleva que, durante ese tempo, só será permitida a entrada con casco.

                                          Lembrade:

"UNHA BIBLIOTECA É MOITO MÁIS CA UN ESPAZO FÍSICO"

Se tedes algunha dúbida, podedes consultala co profe Antonio.

23/10/2007 16:50 Autor: vinhagrande-deiro. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

21/10/2007

UN OURIZO XIGANTE NA AULA DE 4º

20071021180821-dsc00323-2.jpg

 O avó de Manuel Paz Nine, Modesto, atopou este " fenómeno" da natureza no lugar de Alende de Arriba(Moraña); a nai de Manuel, Yolanda, foi quen quixo que o  trouxera á escola para o ver, e Manuel fíxonolo chegar. Decidimos faceros partícipes disto, xa que nos pareceu algo impresionante.

21/10/2007 17:57 Autor: vinhagrande-deiro. Enlace permanente. Hay 4 comentarios.

11/10/2007

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA 2007

Un ano máis o alumnado do 3º Ciclo fixo un percorrido polas diferentes salas do Museo. O alumnado de 5º realizou unha Unidade Didáctica, mentres que o  de 6º traballou dun xeito  específico sobre a pintura dos séculos XV ao XVIII.

11/10/2007 13:21 Autor: vinhagrande-deiro. Enlace permanente. Hay 4 comentarios.

25/06/2007

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO-2007

20070625131855-sta-trega.jpg

O pasado 21 de xuño, o alumnado de 2º e 3º Ciclo realizou a excursión de fin de curso á escola hípica de Mos e ao castro de Sta Trega na Guarda.

25/06/2007 13:19 Autor: vinhagrande-deiro. Enlace permanente. Hay 7 comentarios.

31/05/2007

PARLAMENTO DE GALICIA

20070531103030-img-1329.jpg

O alumnado de 2º e 3º Ciclo visitaron o Parlamento de Galicia. O percorrido polas distintas dependencias, completouse no hemiciclo coa asistencia a unha sesión parlamentaria.

31/05/2007 10:30 Autor: vinhagrande-deiro. Enlace permanente. Hay 7 comentarios.

22/04/2007

EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

20070423121117-blog-3.jpg

Co obxectivo de coñecer e distinguir as embarcacións tradicionais, o alumnado de 5º e 6º de Primaria viaxou ao Grove,  onde desenvolveu unha Unidade Didáctica.

22/04/2007 13:52 Autor: vinhagrande-deiro. Enlace permanente. Hay 6 comentarios.

21/02/2007

A RÚA DO RITMO

20070221202052-copia-de-vinagrande-013.jpg

@s alumn@s do 2º e 3º Ciclo, asistiron en Vigo a un espectáculo musical a cargo de "La armónica invisible". O grupo pretendeu estimular o sentido do ritmo, mediante a colaboración do alumnado nos diferentes temas, intentando facelos partícipes do que pasaba na escea.

21/02/2007 20:21 Autor: vinhagrande-deiro. Enlace permanente. Hay 8 comentarios.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]