Blogia

VINHAGRANDE-DEIRO

MAGOSTO 2008

 

O pasado venres, 14 de novembro de 2008, celebramos o tradicional Magosto no noso colexio.

Asamos unha boa cantidade de castañas.Antes de comelas, fixemos unha serie de xogos, adaptados á idade de cada curso e, despois de comelas ,(que por certo, estaban moi boas), os nenos e as nenas distribuíronse libremente polos xogos populares que preparamos para ese día por todos os patios.

Velaí tendes unha pequena mostra do ben que o pasamos.Esperamos que vos gusten.

 

 

OBRADOIRO DE ROBÓTICA

OBRADOIRO DE ROBÓTICA

O alumnado de 3º Ciclo realizou un obradoiro de robótica, "Enxeño", na E.T.S.E de Telecomunicación de Vigo. Mediante este taller, perseguiuse que o alumnado aprendera conceptos básicos de mecánica, construción e programación, dun xeito práctico e moi divertido.

Si queredes ver máis fotos da actividade, solamente pinchade en: Ver todas las fotos.

 

NOSO AGASALLO DENDE O BLOG PARA DONA ESTHER.

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO: 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA.

Os máis maiores do colexio, tamén fixemos a nosa excursión a Cerdedo.Era a 1ª vez que íamos a ese lugar,e de verdade temos que darlle as gracias ó profesorado, xa que o pasamos moi, pero que moi ben.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO: EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA.

O alumnado máis cativo fixo a súa excursión de fin de curso ao Zoo de Vigo.Acompañáronnos as nosas/os profesoras/es e mirade que ben o pasamos.

E, POR ÚLTIMO TAMÉN FIXEMOS..." RELEVOS "

AQUÍ TENDES ALGUNHAS FOTOS DOS RELEVOS QUE SE COMPLICOU CON AROS E OTROS APARELLOS.

OUTRO VENRES DEPORTIVO FOI O CORREDOIRO.

Tremendas as posturas acrobáticas que algúns e algunhas tivemos que facer.

AQUÍ ....OUTRO DOS VENRES.

AQUÍ ESTAMOS XOGANDO AO FRONTÓN, Jejeje...¡Pasámolo en grande !!

A PROFESORA....DAVINIA, FÍXONOS SUDAR HASTA OS VENRES NOS RECREOS, COAS SÚAS HISTORIAS.

AQUÍ NESTAS FOTOS ESTAMOS PRACTICANDO:

BATUKAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA.

CHAVETA

CHAVETA

UN BO DÍA, SABENDO QUE ESTABAMOS A REFORMAR A BIBLIOTECA, APARECEU CHAVETA AXEXANDO POLO OLLO DA FECHADURA. GUSTÁNDOLLE O QUE POR ALÍ VIU, DECIDIU QUEDARSE PARA BOTAR UNHA MAN NO QUE FOSE NECESARIO.

NOVA IMPORTANTE

NOVA IMPORTANTE

No día de hoxe a nosa biblioteca comezou a se encher de cores...xa falta menos para que os libros ocupen de novo os seus lugares e deixen de estar tan apretadiños.....

ANIMAIS

ANIMAIS

Se queres pasar un bo rato e saber máis sobre animais, fai click na páxina que aparece baixo este texto.

http://kids.nationalgeographic.com/

NOVAS DA BIBLIOTECA

NOVAS DA BIBLIOTECA

A nosa biblioteca precisa dun cambio de imaxe: facer un expurgo dos libros que non son axeitados, limpar, ordenar os andeis... en fin, un lavado de cara.

O equipo encargado da mesma decidiu, coincidindo co DIA DAS BIBLIOTECAS, comezar coas obras; o que conleva que, durante ese tempo, só será permitida a entrada con casco.

                                          Lembrade:

"UNHA BIBLIOTECA É MOITO MÁIS CA UN ESPAZO FÍSICO"

Se tedes algunha dúbida, podedes consultala co profe Antonio.

UN OURIZO XIGANTE NA AULA DE 4º

UN OURIZO XIGANTE NA AULA DE 4º

 O avó de Manuel Paz Nine, Modesto, atopou este " fenómeno" da natureza no lugar de Alende de Arriba(Moraña); a nai de Manuel, Yolanda, foi quen quixo que o  trouxera á escola para o ver, e Manuel fíxonolo chegar. Decidimos faceros partícipes disto, xa que nos pareceu algo impresionante.

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA 2007

Un ano máis o alumnado do 3º Ciclo fixo un percorrido polas diferentes salas do Museo. O alumnado de 5º realizou unha Unidade Didáctica, mentres que o  de 6º traballou dun xeito  específico sobre a pintura dos séculos XV ao XVIII.

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO-2007

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO-2007

O pasado 21 de xuño, o alumnado de 2º e 3º Ciclo realizou a excursión de fin de curso á escola hípica de Mos e ao castro de Sta Trega na Guarda.

PARLAMENTO DE GALICIA

PARLAMENTO DE GALICIA

O alumnado de 2º e 3º Ciclo visitaron o Parlamento de Galicia. O percorrido polas distintas dependencias, completouse no hemiciclo coa asistencia a unha sesión parlamentaria.

EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

Co obxectivo de coñecer e distinguir as embarcacións tradicionais, o alumnado de 5º e 6º de Primaria viaxou ao Grove,  onde desenvolveu unha Unidade Didáctica.

A RÚA DO RITMO

A RÚA DO RITMO

@s alumn@s do 2º e 3º Ciclo, asistiron en Vigo a un espectáculo musical a cargo de "La armónica invisible". O grupo pretendeu estimular o sentido do ritmo, mediante a colaboración do alumnado nos diferentes temas, intentando facelos partícipes do que pasaba na escea.

O BELEN DE EDUCACIÓN INFANTIL

O BELEN DE EDUCACIÓN INFANTIL

ESTE ANO NA CLASE DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 3 ANOS FIXEMOS UN BELEN GRACIAS A COLABORACIÓN DOS FAMILIARES DOS NENOS E NENAS.

AQUI TEDES O RESULTADO FINAL.