Blogia

VINHAGRANDE-DEIRO

Pequena proba para o alumnado de 6º de Primaria.

Pequena proba para o alumnado de 6º de Primaria.

TRABALLO PARA AS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA.

 

DEBEREDES DE ENTRAR NO SEGUINTE LINK E SEGUIR AS

PAUTAS QUE SE VOS DAN.

FACER CLICK NA SEGUINTE IMAXE.

20120330092418-webquest.jpg

ENTROIDO 2011

E para rematar o día, degustamos uns platos típicos destas datas, que desinteresadamente como tódolos anos, preparan as nais e os pais do alumnado.

¡ ESTABAN BOÍSIMOS !!!!!!

ENTROIDO 2011

Despois fixemos un pequeno desfile polos arredores do cole e outro no interior, para que os disfraces se viran mellor.

ENTROIDO 2011

O pasado venres, día 4 de Marzo celebramos o Entroido no colexio.

Aquí podedes ver os disfraces que con tanto entusiasmo preparou todo o alumnado, eso sí, acompañados dos titores e as titoras correspondentes e de moitos pais e nais.

VISITA DE PAPÁ NOEL.

PAPÁNOEL

PowerPoint presentations from

LOTERÍA DE NADAL NO NOSO COLE

LOTERIADENADAL

BÓ NADAL A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

BÓ NADAL A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

O PROFESORADO DO C.E.I.P. VIÑAGRANDE, DESÉXALLE A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA UN BÓ NADAL E UN MELLOR ANO 2011.

WALLPAPERS...FONDOS DE PANTALLA.

WALLPAPERS...FONDOS DE PANTALLA.

Si chegado un momento o fondo de pantalla do ordenador, non vos gusta ou vos cansáchedes de ver sempre o mesmo, aquí tendes 66 fondos distintos e todos sobre a NATUREZA.

Premede en NATUREZA para descargalos.Xa nos contaredes si vos serviron e si vos gustaron.

UNHA PROBA PARA VER COMO QUEDA

BUCEANDO POLA REDE ATOPAMOS ESTO QUE NOS PODE VALER PARA O DÍA DO MAGOSTO.

Samain

FONDOS DE ESCRITORIO SOBRE O SAMAÍN

FONDOS DE ESCRITORIO SOBRE O SAMAÍN

 

Como está a chegar ese día tan especial para a nosa cultura,aquí vos deixamos un cento de fondos de pantalla, sobre esa máxica noite, por si queredes poñer algún no voso ordenador.

Desexamos que vos gusten e sobre todo que vos sirvan.

 

Soamente para descargalos teredes que PINCHAR AQUÍ.


NAVEGADOR OPERA 10.63

NAVEGADOR OPERA 10.63

 

Opera é un navegador que xa ten anos no mercado, e que xunto a Firefox conqueriron disminuir notablemente a maioría do mercado coa que contaba Internet Explorer fai uns anos.

Opera, é un navegador que foi crecendo e mellorando no que se refire a axilidade e seguridade.

Opera 10.63 Final é a última versión (outubro de 2010), que agrega varias melloras e inclue un renovado motor JavaScript que fai máis rápido o navegador.
Si estades cansos ou non vos gustan os navegadores que utilizades, aquí vos deixamos este, que pode que vos guste.
Só  PINCHA AQUÍ para descargalo xa que é completamente gratis.

COMO CREAR UN ACESO DIREITO PARA APAGAR O PC

COMO CREAR UN ACESO DIREITO PARA APAGAR O PC

 

Este é un tutorial para crear un aceso direito que apague  o sistema con só dous clicks.Espero que vos sexa de gran utilidade.

    1.- Click dereito sobre o escritorio -> Novo -> Aceso Direito.
    2.- A continuación escribimos shutdown.exe -s -t 00 -f   Ou copias esto e pegas.
    Explicación:
    -s (Para apagar o equipo), Si quixeramos reiniciar sería -r e Cerrar sesión sería -l
    -t 00 (É o tempo de espera de apagado), si en lugar de "00" poñemos "03" tarda 3 segundos en apagarse.
    -f Para que non apareza ningún cartel de aviso que se apaga o equipo.
    3.- Click en seguinte e lle poñemos o nome que queiramos ao aceso, eu elexín "Apagar equipo". Logo facedes click en Finalizar.
    4.- Click dereito enriba do arquivo que acabamos de crear no escritorio ---> Propiedades.
    5.- Click no botón cambiar icono..e abrirase unha ventanilla pequena, premedes en aceptar.
    6.- Elexides o icono que máis vos guste.

    7.- Aceptar.

Esto é todo, facendo doble click apagarase o equipo.

Alimentos saudables de Fin de curso

O pasado martes, 22 de xuño, o alumnado rematou o curso escolar 2009-2010.

Para despedilos/as todo o profesorado encargouse de confeccionar uns pinchiños nas aulas cun grupo de nenos/as dende 3 anos ata 6º de primaria.

Xa quixeran os/as mellores cociñeiros/as que lles quedara algo parecido ao que ides ver.

Mirade que espectáculo, pero non tocar, jejejejejeje

CALENDARIO MUNDIAL SUDÁFRICA 2010

Como sabemos que houbo e sigue habendo moitos futboleros/as no noso colexio, aquí vos deixamos un calendario que pensamos que vos vai gustar sobre o mundial de fútbol de Sudáfrica, que como sabedes comezará o vindeiro venres, día 11 de xuño de 2010.

Veredes unha roda, e situándovos enriba de cada pedaziño (coma se fora un tarta) , abrirásevos un contido distinto: sedes onde se xoga, equipos de cada grupo, horario de partidos diario, etc etc.

SOAMENTE PINCHADE AQUÍ

PÁXINA WEB

PÁXINA WEB

Xa temos activa a páxina web do colexio.

Aínda que seguimos a traballar nela, xa podedes ver algunhas cousiñas.

Para visitarnos PINCHADE AQUÍ

CLASE DE INFORMÁTICA

Durante o presente curso escolar 2009-2010, o alumnado de 1º curso do 2º Ciclo de Primaria, recibiu unha sesión semanal de Iniciación á informática.

Aquí están todos e todas empezando unha das sesións.

Esperamos que vos guste como saímos.

 


VIAXE DE 3º CICLO A CUNTIS

Desplazámons a Cuntis invitados pola Fundación Terra Termarum e polo Concello.

Guiados por Lucía, Eduardo e Iván, viaxamos a tempos prehistóricos, tanto arriba, no castro(Castrolandín) como no local da Fundación, na que hai recreados diversos obxectos.

Logo, con Quique facendo de "profe", entramos nunha escola propia da postguerra, ocupando pupitres e mesmo practicando a escritura nas pizarras ou en cadernos usando tinta...

Un remate curioso e divertido foi un pequeno percorrido pola vila e a "molladura" de mans na burga de auga quente.

 

AGRADECEMENTO

AGRADECEMENTO

Como todos e todas sabedes, un blog mantense a base dos comentarios que se fan nel.

Así que, solo nos resta recordarvos que dende o colexio, se vos agradece que o fagades e invitámosvos a que o sigades facendo.

MAGOSTO 2008

AQUÍ VEREDES OUTRO VÍDEO DE ESE DÍA.