Blogia
VINHAGRANDE-DEIRO

VISITA AO MUSEO

VISITA AO MUSEO

O 11 de 0utubro o alumnado de 5º e 6º realizou unha visita ao Museo de Pontevedra, o percorrido polas distintas salas, serviulles para realizar unha aproximación á Historia, Arqueoloxía e á Arte de Galicia.

6 comentarios

Paula (ex alumna) -

Alegrame moito que o colexio disponha de paxina web. Dende o extranxeiro podemos ver os eventos que os familiares levan a cabo. Un saudo dende Irlanda, e espero que sigan tendo excursions de vez en cando para que os nenos tamen se divirtan.
Saudos!

Mónica -

Alégrame saber da vosa visita ao museo de Pontevedra, do ben que o pasastes e do moito que aprendestes.Un bicazo para todos e todas.Ata pronto!!!

Isabel (5º) -

Gustoume moito o museo polas súas cousas antigas.O que máis me gustou foron as pezas de ouro,as agullas antigas e as ancoras.Vimos unha maqueta do barco de Cristobal Colón e o despacho , a librería e o camarote do mariño Mendez Nuñez.
Gustariame volver o proximo ano.

Marta (5º) -

Gustoume moito. Vimos cousas prehistóricas:ouro,prata e moitas cousas maís.
Entramos nun camarote que estaba xenial.
O que menos me gustou foi face-las fichas.
Para remata-la saída fomos polas rúas de Pontevedra guiados polos profes cun rueiro. Había moitas pombas nunha praza.
Paseino moi ben.Temos que facer outra igual.

Belen -

Alégrome de que o pasarades tan ben na visita ao museo pero sobre todo de que que volverades á Blogosfera. Xa vedes que sigo "vixiando" non deixedes de compartir as vosas actividades con tod@s nós. Un saúdo

Mari e Manolo -

A mestra,o mestre e máis o alumnado do CEIP Viñagrande, teñen a ben felicitar, tanto ao director do museo, como aos monitores que guiaron a nosa visita, polo satisfactoria que nos resultou.