Blogia
VINHAGRANDE-DEIRO

MAGOSTO 2006

MAGOSTO 2006

  O 14 de novembro, todo o alumnado do colexio participou no tradicional Magosto. As castañas asadas foron as protagonistas da xornada, onde non faltaron os xogos populares (chave, billarda, zancos, chapas, aros, trompos, tiro de corda...)

  É de agradecer, a implicación das "profes Pilis"-interinas no centro-, tanto na organización como no desenvolvemento das actividades.

7 comentarios

noelia 5ª -

la escuela es chula

eu -

guapo

Antìa (6º) -

A min gustoume moito,foi un dos mellores magostos de todos.Os xogos estiveron estupendos:a chave,billarda,corda,pano, zancos,chapas,trompos, etc...Pero hai que felicitar a Benito e a Pepe porque ¡as castañas estaban boìsimas!

Sergio -

Foi un día moi divertido porque pudemos xogar a moitos xogos, entre eles había a billarda,chave,etc.
Pero o malo foi que non nos deixaron xogar o fútbol.
Foi o mellor magosto que pasei.

Fran (6º) -

A min o que máis me gustou foi a billarda e o xogo do pano.Máis o pano,porque o noso equipo gañou.¡E levamos medalla!...Bueno,unha castaña con un fío.

Iván y Dani (6º) -

A nós gustounos moito porque habia a billarda,tiro a chave,chapas,zancos,pano e os aros.O que máis nos gustou foron os zancos e mailos aros.
As castañas estaban boísimas.

Belén e Serafín (5º) -

Estivo bastante ben.Os xogos que máis nos gustaron foron a billarda e a chave.Aínda que estivemos ensaiando moito,os aros escapábanos e caíamos dos zancos,pero ao final fixémolo bastante ben.
Comemos moitas castañas que estaban moi ricas.