Blogia
VINHAGRANDE-DEIRO

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA 2007

Un ano máis o alumnado do 3º Ciclo fixo un percorrido polas diferentes salas do Museo. O alumnado de 5º realizou unha Unidade Didáctica, mentres que o  de 6º traballou dun xeito  específico sobre a pintura dos séculos XV ao XVIII.

5 comentarios

Maria (5º) -

A min encantoume xa que me gusta moito esas epocas eu volvería outra vez

Jose, Raquel e Alba J (5º) -

O martes 9 de outubro visitamos o museo de Pontevedra. Dentro nos acolleu unha mociña chamada Paula, deunos unha ficha para cubrir. Observando cousas moi antigas,ensinounos cousas de ouro, de prata e de acibeche,tamén nos ensenou a popa dun barco, galeóns,o Santa María,que foi co que Colón descubriu America e tamén vimos o barco viquingo.Vimos onde facían as reunións Méndez Núñez e os seus oficiais.

Antonio, Irene e Marcos (5º) -

Fomos a un museo de Pontevedra,alí déronnos unha ficha coa que tiñamos que atopar obxectos antigos do museo.A moza que nos atendeu foi moi amable aínda que algúns nono mereciamos.Fomos a varias salas algunhas con ouro,outras con obxectos romanos,tamén había con prata... fomos ao despacho de Méndez Núñez e despois a popa da Fragata Numancia.Foi moi emocionante e a nós encantounos.

Adrina, Alba N, Alvaro 5º -

Unha das cousas que máis nos gustou foi o despacho e a popa do barco de Méndez Núñez, o tesouro de ouro e de prata, os artiluxios dos romanos e dos prehitóricos, etc...

Maria ,Javi e Fabian (5º) -

Quedamos contentos coa visita ao Museo de Pontevedra .
A monitora era moi agradable e respetuosa e expresábase moi ben.
O que máis nos gustou foi entrar na cámara de oficiais da Fragata Numancia e ver todos aqueles obxectos que usou Méndez Núñez.
Tamén nos impresionou a sala de ouro e de prata e aprender que os peregrinos levan cuncha de vieira, pois non o sabiamos.