Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2006.
23/05/2006
O NOSO COLE

O C.E.I.P. Viñagrande -Deiro,está situado na parroquia de San Miguel de Deiro,pertencente ó concello de Vilanova de Arousa.
O noso cole está formado por tres niveis de Educación Infantil ( 3, 4 e 5 anos ) e seis de Primaria ( dende 1º ata 6º ).
Con este Blog pretendemos,que tanto o alumnado coma o profesorado amosen as súas opinións sobre todas aquelas actividades que se realizaron no colexio e aqueloutros temas que sexan do seu interese.
24/05/2006
Saída ao Grove do 3º Ciclo

Hoxe, mércores, día 24 de Maio o alumnado de 5º e 6º de primaria, acompañados por tres mestres/as, realizaron unha saída cultural para visitar a Lonxa do Grove e coñece-los " Sistemas de comercialización do peixe e do marisco ".
25/05/2006
Héitor Picallo

Dexesamos que expoñades as vosas opinións sobre a exposición de Heitor Picallo (o ilustrador de contos).
Excursión de 5º e 6º a Lugo

O pasado día 9 de xuño os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria fixeron a excursión de fin de curso á cidade de Lugo.
En primeiro lugar visitaron o Zoo de Marcelle, no que estiveron dende as 11 da mañán ata as 5 da tarde aproximadamente.
Logo dirixíronse ata a cidade de Lugo, onde visitaron a catedral, algunha parte da zona vella e por suposto AS MURALLAS.
Aquí aparecemos todos e todas ao chegar a elas.
Si alguén ten curiosidade por saber onde estivemos, que pinche aquí: MARCELLE.
